FORMACIÓN EN TERREO

Dende o comezo apostamos pola formación como traballo paralelo á información. Informar sobre os perigos da migración pode evitar moitas mortes e formar proporciona ferramentas para unha mellora de vida.

Na actualidade iniciamos dúas escolas en dous poboados afastados de Guinea Bissau, na zona interior do sur do país (Rexión de Tombalila) e na illa de Bubaque, onde educamos a máis de cen crianzas que carecían de acceso á escola. Estas escolas, ademais,  proporcionan traballo para o profesorado e alimentación para nenos e nenas de familias sen recursos.

Realizamos obradoiros de fotografía para persoas africanas co obxectivo de ampliar as súas oportunidades laborais e que a súa realidade sexa contada polos protagonistas, a posibilidade de existir.

TOP

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies